Mercados excelentes de Galicia

DINAMIZACIÓN
E REVITALIZACIÓN
DAS PRAZAS DE ABASTOS

Os mercados e as prazas de abastos son espazos de centralidade comercial que, a miúdo, teñen a capacidade de xerar actividades complementarias ao seu redor ao tempo que constitúen unha canle de comercialización moi eficaz de produto fresco derivado do mar, a horta e a gandería. Son, polo tanto, fundamentais para o impulso do comercio de proximidade e tamén para a rexeneración das contornas urbanas das vilas e cidades.

Por iso, co selo de Mercado Excelente, a Xunta de Galicia busca recoñecer a calidade das infraestruturas, servizos e produtos das prazas e mercados galegos, premiando as actuacións encamiñadas ao seu desenvolvemento e actualización, e pon á súa disposición as ferramentas e máis o asesoramento e financiamento necesarios.

Dinamizadores económicos de barrios e cidades

Xeradores de calidade de vida

Atractivo turístico para visitantes, integradores sociais e culturais

A compra como unha experiencia sensorial agradable. Ambientes coidados, limpios e bonitos

Trato personalizado

Sustentabilidade e respecto medioambiental

Lugares sen barreiras, 100% accesibles

Puntos de venda competitivos e dixitalizados

A Xunta conta cun orzamento de 870.000€ para desenvolver e actualizar os mercados e as prazas de abastos de Galicia, poñendo á súa disposición as ferramentas, asesoramento e financiación necesarias. O Goberno galego subvenciona investimentos de ata 100.000€* para que os concellos melloren a calidade dos servizos e a eficiencia enerxética dos mercados e as prazas de abastos.

* Suma das cantidades máximas subvencionables das tres liñas de axuda, tomando como referencia o caso dos mercados con selo

As asociacións de prazas de abastos e mercados

Optan a subvencións para investimentos máximos de 14.000 € dirixidos a dinamizar e revitalizar a actividade comercial.

Mantemento de Marketplace

Campañas de dinamización: publicidade, cartelería, merchandising…

Fidelización da clientela: loxística e-commerce, tickets de aparcadoiro APPS…

As federacións de prazas de abastos e mercados

Optan a subvencións para investimentos máximos de 48.000 € enfocados á dinamización e revitalización da actividade comercial.

Mantemento de Marketplace

Campañas de promoción e dinamización

Organización de eventos

PRAZAS DE ABASTOS CON SELO
MERCADO EXCELENTE

Liña 1: Impulso dunha rede de Mercados Excelentes - subvencións para investimentos de ata 70.000€

Mellora da imaxe

Climatización / Illamento térmico / Illamento acústico

Sistemas de recollida de auga

Servizo de carros de compra

Zonas de descanso, infantís, de lactancia, etc.

Servizo a domicilio, consigna frigorífica e cociñado de produtos

Pantallas informativas, servizo automático de quenda, planos de ubicación, Wi-Fi, etc.

Packaging sostible e envasado ao baleiro

Aparcadoiro para vehículos e/ou bicicletas

Mantemento e mellora das instalacións

Equipamento persoal de imaxe común e corporativa dos praceiros

Asesoramento comercial e formación en marketing

Liña 2: Equipamento comercial - subvencións para investimentos de ata 15.000€
Adquisición de equipos de frío industrial e outros

Adquisición de mostradores, vitrinas, expositores…

Liña 3: Eficiencia enerxética - subvencións para investimentos de ata 15.000€
Instalación de sistemas de iluminación eficientes

Portas de acceso automáticas

PRAZAS DE ABASTOS SEN SELO
MERCADO EXCELENTE

Liña 1: Impulso dunha rede de Mercados Excelentes - subvencións para investimentos de ata 50.000€ (con diagnose) e ata 14.000€ (sen diagnose)
Diagnose

Actuacións de preparación para obter o selo

Acción e mentoring a praceiros

Rehabilitacións e reformas

Liña 2: Equipamento comercial - subvencións para investimentos de ata 15.000€
Adquisición de equipos de frío industrial e outros

Adquisición de mostradores, vitrinas, expositores…

Liña 3: Eficiencia enerxética - subvencións para investimentos de ata 15.000€
Instalación de sistemas de iluminación eficientes

Portas de acceso automáticas

Mercados excelentes de Galicia

APLICACIÓN GRÁFICA

A guía básica de identidade visual é un documento de uso ineludible na aplicación dos elementos de identidade corporativa que nel se definen, dado o seu carácter normativo. Pero sobre todo, é unha guía de consulta á que se debe acudir para garantir o bo uso da imaxe gráfica de Mercados Excelentes.